Falarei da miña experiencia investigadora no caso concreto da investigación en física de partículas asociada a un dos experimentos do CERN (o Centro Europeo de Investigación en Física Nuclear e de Partículas). Comentarei brevemente o tipo de investigación que se leva a cabo neste laboratorio e as características do campo que fan que a experiencia pre e postdoutoral sexa probablemente distinta...
A miña investigación céntrase na análise de ecuacións en derivadas parciais (EDPs), que poden xurdir de diversas áreas (mecánica de fluidos, mecánica cuántica, xeometría diferencial ou electrodinámica, entre outras). Falarei dalgúns problemas, maioritariamente da mecánica de fluidos, que están a recibir moita atención por parte da comunidade científica e das técnicas que se están a empregar...
O meu Camiño empezou en Italia e levoume a varios sitios en Europa, con etapa final en Santiago. Grazas á mobilidade, puiden dedicarme á investigación de modelos integrables para a correspondencia ADS/CFT, un tema de física teórica do que vou dar unha pequena introdución nesta charla. Tentarei tamén argumentar que lanzarse a vivir no estranxeiro é unha experiencia enriquecedora para cada...
Na súa charla, David compartirá a súa experiencia internacional tanto no ámbito académico coma na industria, detallando as motivacións e decisións que o levaron a transformar a súa traxectoria profesional. Reflexionará sobre o que significou para el saír ao estranxeiro e como esa experiencia enriqueceu a súa carreira. Ademais, ofrecerá unha visión xeral do seu traballo actual, no que deseña...
¿Cuántas veces has sentido que usar tecnología implica renunciar a tu privacidad? Tu teléfono solicita acceso a tu lista de contactos o ubicación constantemente. Pero hay una buena noticia: las matemáticas han demostrado que es posible extraer información global sobre la población, como dónde se producirá un atasco, sin necesidad de acceder a datos privados individuales, como las ubicaciones...
Desde a súa publicación a finais do ano 1915, a relatividade xeral leva predicindo varios dos fenómenos máis espectaculares a grandes escalas no Universo. O exponencial desenvolvemento tecnolóxico nas últimas décadas permitiu confirmar moitas destas predicións observacionalmente. Asemade, campos da astronomía nos que os modelos no marco de gravidade Newtoniano eran suficientes para contrastar...
Nesta charla falaremos da experiencia posdoutoral na KU Leuven, dentro do Research Center for Operations Research and Statistics (ORSTAT). Falaremos das maiores diferencias atopadas entre a KU Leuven e as universidades españolas, especialmente dentro do ámbito da estatística. Ademais, introduciremos brevemente o problema de estimación da densidade en soportes esféricos.
Mi trabajo se centra en el estudio de espacios clasificadores de objetos geométricos que aparecen como soluciones a ecuaciones gauge: los fibrados de Higgs. En mi charla, usando mi periplo por el mundo como hilo conductor, intentaré dar una visión del interés de estos objetos, así como de las ventajas de una carrera internacional de investigación.