20 December 2024
FEUGA (Campus Vida)
Europe/Madrid timezone

Información sobre relatores e relatoras

Riccardo Borsato | Investigador "Ramón y Cajal" no IGFAE, USC

riccardo.borsato@usc.es

Na miña investigación dedícome a estudar modelos de teoría de cordas e teorías gauge onde aparecen estruturas de modelos integrables. Esta "integrabilidade" permite cálculos exactos dalgúns observables físicos, e lévanos entón máis aló da teoría das perturbacións normalmente empregada. Cursei grao e máster en Padua (Italia) cunha estadía en Múnic (Alemaña) para o TFM. Fixen o doutoramento en Utrecht (Holanda). Fun postdoc no Imperial College London (Reino Unido), en Nordita (Estocolmo, Suecia) e no IGFAE en Santiago de Compostela, onde logrei consolidar a miña posición primeiro grazas a unha bolsa "Junior Leader" da Fundación "la Caixa" e logo á axuda "Ramón y Cajal".

Charla: "O meu Camiño por Europa perseguindo os modelos integrables"
O meu Camiño empezou en Italia e levoume a varios sitios en Europa, con etapa final en Santiago. Grazas á mobilidade, puiden dedicarme á investigación de modelos integrables para a correspondencia ADS/CFT, un tema de física teórica do que vou dar unha pequena introdución nesta charla. Tentarei tamén argumentar que lanzarse a vivir no estranxeiro é unha experiencia enriquecedora para cada persoa, que a internacionalización é imprescindible para manter a investigación a un nivel de excelencia, e que pode fomentar cambios positivos na sociedade.


María Vieites Díaz | Investigadora "Ramón y Cajal" no IGFAE, USC

maria.vieites@usc.es

María Vieites Díaz obtivo o seu doutoramento en 2019 na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou na análise da amplitude das desintegracións de Charmless B a mesóns vectoriais lixeiros dentro do experimento LHCb. A súa investigación centrouse nun estudo detallado dos efectos de violación CP nestes modos de decaemento. Posteriormente, uniuse ao grupo do LHCb na École Polytechnique Fédérale de Lausanne (EPFL), onde contribuíu á análise das desintegracións radiativas B co obxectivo de medir a polarización do fotón e á aliñación offline do rastrexador SciFi do LHCb. Posteriormente obtivo unha bolsa de investigación no CERN, coa que continuou involucrada no estudo das transicións b->sgamma, así como implicada nas actividades de posta en marcha do LHCb para o Run3, co programa de medidas temperás.

En 2024 uniuse ao equipo de LHCb no IGFAE baixo o programa Ramón y Cajal do Ministerio de Ciencia e Innovación.  Segue involucrada na análise de datos do LHCb, cun forte interese na procura de novos fenómenos físicos, centrándose nas desintegracións b-hadrón, e combina estas actividades de investigación co seu traballo como Coordinadora Adxunta de Física do LHCb. 

Charla: "O CERN como base de operacións: Análise de datos en física de partículas"

Falarei da miña experiencia investigadora no caso concreto da investigación en física de partículas asociada a un dos experimentos do CERN (o Centro Europeo de Investigación en Física Nuclear e de Partículas). Comentarei brevemente o tipo de investigación que se leva a cabo neste laboratorio e as características do campo que fan que a experiencia pre e postdoutoral sexa probablemente distinta á maioría das outras disciplinas científicas.


David Peinador | Data Scientist, Faculty AI

d.peinadorveiga@qmul.ac.uk

Tras finalizar o grao en Física na USC en 2017, David marchou ao Reino Unido para continuar os seus estudos de física teórica. Primeiro en Cambridge, onde fixo un mestrado en matemática aplicada, e logo en Londres, como estudante de doutoramento na Queen Mary University of London. Durante os catro anos de doutoramento, David investigou as relacións de "dobre copia", un novidoso formalismo matemático que retrata teorías de gravidade como dúas copias de teorías gauge. Ao rematar a tese, David decidiu cambiar a universidade pola industria e interesouse polo campo da intelixencia artificial. Desde entón, traballa en Faculty AI, unha empresa londinense que desenvolve proxectos de intelixencia artificial aplicados os sectores público, sanitario, enerxético e de consumo.

Charla: "Un periplo pola física teórica e a ciencia de datos"
Na súa charla, David compartirá a súa experiencia internacional tanto no ámbito académico coma na industria, detallando as motivacións e decisións que o levaron a transformar a súa traxectoria profesional. Reflexionará sobre o que significou para el saír ao estranxeiro e como esa experiencia enriqueceu a súa carreira. Ademais, ofrecerá unha visión xeral do seu traballo actual, no que deseña ferramentas de intelixencia artificial aplicadas a problemas reais. Por exemplo, David traballou nunha plataforma de datos para apoiar a labor dos concellos e ONG que axudan á xente sen fogar en Londres. Máis recentemente, David centrouse na seguridade dos novos modelos de linguaxe (como GPT), colaborando con laboratorios de vangarda para avaliar os riscos que estes modelos poden presentar.

Gabriel Rodríguez Moris | PhD candidate at the Chair of Astronomy, Lohrmann Observatory, Technical University of Dresden (TUD)

gabriel.rodriguez_moris@tu-dresden.de

Orixinalmente motivado pola astronomía e pola aplicación das matemáticas á mesma, realicei o grao en física 2018-2022 pola Universidade de Santiago de Compostela. O ano seguinte cursei o máster en física coa especialidade de física nuclear e de partículas, realizando o traballo de fin de máster en prediccións astrofísicas dunha teoría de gravidade que incorpora certas correccións á relatividade xeral. Cara o final do máster, apliquei a unha posición de doutorado na Technical University of Dresden, no leste de Alemañaque ocupo desde outubro de 2023. Os temas actuais da miña investigación no doutorado versan sobre o estudo e elaboración de modelos no marco da relatividade xeral para implementalos e monitorear a súa influencia en misións astronómicas de alta precisión.

Charla: "A relevancia da relatividade xeral en medicións astronómicas do século XXI"

Desde a súa publicación a finais do ano 1915, a relatividade xeral leva predicindo varios dos fenómenos máis espectaculares a grandes escalas no Universo. O exponencial desenvolvemento tecnolóxico nas últimas décadas permitiu confirmar moitas destas predicións observacionalmente. Asemade, campos da astronomía nos que os modelos no marco de gravidade Newtoniano eran suficientes para contrastar coas observacións comezaron a requerir correccións relativistas. Tal é o caso da astrometría, unha das disciplinas máis antigas da astronomía e que se encarga de estudar e determinar as posicións, distancias e movementos das estrelas e demáis obxectos do ceo. O telescopio espacial Gaia, da Axencia Espacial Europea, leva arredor dunha década acadando as mellores medicións na historia da astrometría. A súa precisión é tal que permitiría medir o grosor dunha folla de papel en Nova Zelanda desde Santiago, polo que a implementación e emprego correctos dun marco relativista xeral neste ámbito fanse indispensables.


Patricia Guerra Balboa | PhD candidate at the Chair of Privacy and Security Research Labs, Karlsruhe Institute of Technology (KIT)

patricia.balboa@kit.edu

Soy estudiante de doctorado en la Chair of IT Privacy & Security del KIT, en Alemania. Estudié el grado y el máster en matemáticas en la Universidad de Santiago de Compostela, donde me centré en geometría algebraica. Tras el máster, trabajé como técnico predoctoral de investigación en la UPC, donde tuve mi primer contacto con las matemáticas aplicadas a la ciberseguridad. Actualmente, investigo sobre privacidad diferencial (Differential Privacy) en el contexto de comunicaciones en streaming, es decir, cuando queremos enviar un flujo continuo de mensajes a lo largo del tiempo, como al compartir nuestra ubicación mientras conducimos.

No sólo me gusta investigar, sino también hablar de ello tanto ante el público científico como en general, por eso he participado en algunos concursos nacionales de divulgación como FameLab Germany.

Charla: "Como pueden las matemáticas proteger tu privacidad?" 

¿Cuántas veces has sentido que usar tecnología implica renunciar a tu privacidad? Tu teléfono solicita acceso a tu lista de contactos o ubicación constantemente. Pero hay una buena noticia: las matemáticas han demostrado que es posible extraer información global sobre la población, como dónde se producirá un atasco, sin necesidad de acceder a datos privados individuales, como las ubicaciones específicas de las personas.

En los últimos años, se han desarrollado técnicas criptográficas avanzadas, como la criptografía completamente homomórfica o la privacidad diferencial, que permiten preservar la privacidad mientras se analizan datos. Sin embargo, aún existen desafíos importantes que limitan su implementación en la vida real.

En esta charla, nos centraremos en algunos de estos desafíos, como su interpretación en términos de resistencia a ataques y las filtraciones de privacidad en sistemas de transmisión continua de mensajes (continuous data streaming), explorando soluciones para hacer frente a estos problemas.


María Alonso Pena | Profesora Axudante Doutora na USC

mariaalonso.pena@usc.es

É doutora en Estatística polas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Foi investigadora posdoutoral no Research Center for Operations Research and Statistics (ORSTAT) da KU Leuven, Bélxica e investigadora posdoutoral "María de Maeztu" no Instituto de Matemáticas da Universidad de Granada (IMAG).  Desde abril de 2024, é Profesora Axudante Doutora na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación céntrase en métodos nonparamétricos para a análise estatística de datos direccionais, así como o estudo das súas propiedades asintóticas. Foi gañadora da medalla Ramiro Melendreras da SEIO en 2023, dun dos premios Vicent Caselles 2024, outorgado pola RSME e a Fundación BBVA, e do premio á mellor contribución metodóloxíca en estatística conferido pola SEIO e a Fundación BBVA en 2024.

Charla: "A estatística das esferas belgas"

Nesta charla falaremos da experiencia posdoutoral na KU Leuven, dentro do Research Center for Operations Research and Statistics (ORSTAT). Falaremos das maiores diferencias atopadas entre a KU Leuven e as universidades españolas, especialmente dentro do ámbito da estatística. Ademais, introduciremos brevemente o problema de estimación da densidade en soportes esféricos.


Gonzalo Cao Labora | Courant Instructor / Assistant Professor, NYU

gc2703@nyu.edu

Comecei o dobre grao en Matemáticas e Física no 2015 na USC e no 2016 continuei o dobre grao na Universitat Politècnica de Catalunya en Barcelona. Despois, fixen o TFG na Universidade de Princeton traballando en temas de EDPs de mecánica de fluidos. No 2020 ingresei no MIT para realizar o doutoramento na mesma área, defendendo a miña tese no verán de 2024. Actualmente, estou cun contrato posdoutoral no instituto Courant da NYU, que alternarei con outro contrato posdoutoral na École Polytechnique Fédérale de Lausanne (EPFL) o ano que vén.

 
Charla: "Avances recentes e problemas abertos na análise de ecuacións en derivadas parciais"

A miña investigación céntrase na análise de ecuacións en derivadas parciais (EDPs), que poden xurdir de diversas áreas (mecánica de fluidos, mecánica cuántica, xeometría diferencial ou electrodinámica, entre outras). Falarei dalgúns problemas, maioritariamente da mecánica de fluidos, que están a recibir moita atención por parte da comunidade científica e das técnicas que se están a empregar para resolvelos. En concreto, comentaréi algúns avances recentes na formación de singularidades, nos problemas de non unicidade ou no estudo da estabilidade das solucións, así como as técnicas que se están a utilizar con éxito nestes problemas. Tamén comentarei as posibilidades académicas que pode ofrecer o estranxeiro, centrándome no caso do sistema norteamericano (EEUU - Canadá). Darei a miña perspectiva no proceso de admisións a doutoramento ou posdoutoramento, así como recomendacións para mellorar as probabilidades de éxito.


Ana Peón Nieto | Profesora Contratada Doutora na USC

ana.peon@usc.es

Tras acabar mi tesis doctoral en la Universidad Autónoma de Madrid, me lancé al mundo durante 10 años. En mi peregrinaje, pasé por Heidelberg, Ginebra, Niza y  Barcelona, gracias a programas como Beatriu de Pinós y Marie Sklodowska-Curie. En 2020 conseguí mi primer puesto en Birmingham, antes de volver a España en 2023 gracias al programa Consolidación Investigadora.

Charla: Fibrados de Higgs: matemáticas inspiradas por la física

Mi trabajo se centra en el estudio de espacios clasificadores de objetos geométricos que aparecen como soluciones a ecuaciones gauge: los fibrados de Higgs. En mi charla, usando mi periplo por el mundo como hilo conductor, intentaré dar una visión del interés de estos objetos, así como de las ventajas de una carrera internacional de investigación.