20 December 2024
FEUGA (Campus Vida)
Europe/Madrid timezone

Avances recentes e problemas abertos na análise de ecuacións en derivadas parciais

20 Dec 2024, 10:45
30m
Auditorio (FEUGA (Campus Vida))

Auditorio

FEUGA (Campus Vida)

Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Speaker

Gonzalo Cao (NYU Courant)

Description

A miña investigación céntrase na análise de ecuacións en derivadas parciais (EDPs), que poden xurdir de diversas áreas (mecánica de fluidos, mecánica cuántica, xeometría diferencial ou electrodinámica, entre outras). Falarei dalgúns problemas, maioritariamente da mecánica de fluidos, que están a recibir moita atención por parte da comunidade científica e das técnicas que se están a empregar para resolvelos. En concreto, comentaréi algúns avances recentes na formación de singularidades, nos problemas de non unicidade ou no estudo da estabilidade das solucións, así como as técnicas que se están a utilizar con éxito nestes problemas. Tamén comentarei as posibilidades académicas que pode ofrecer o estranxeiro, centrándome no caso do sistema norteamericano (EEUU - Canadá). Darei a miña perspectiva no proceso de admisións a doutoramento ou posdoutoramento, así como recomendacións para mellorar as probabilidades de éxito.

Presentation materials

There are no materials yet.