20 December 2024
FEUGA (Campus Vida)
Europe/Madrid timezone

A relevancia da relatividade xeral en medicións astronómicas do século XXI

20 Dec 2024, 15:00
30m
Auditorio (FEUGA (Campus Vida))

Auditorio

FEUGA (Campus Vida)

Rúa de Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Speaker

Gabriel Rodríguez (TU Dresden)

Description

Desde a súa publicación a finais do ano 1915, a relatividade xeral leva predicindo varios dos fenómenos máis espectaculares a grandes escalas no Universo. O exponencial desenvolvemento tecnolóxico nas últimas décadas permitiu confirmar moitas destas predicións observacionalmente. Asemade, campos da astronomía nos que os modelos no marco de gravidade Newtoniano eran suficientes para contrastar coas observacións comezaron a requerir correccións relativistas. Tal é o caso da astrometría, unha das disciplinas máis antigas da astronomía e que se encarga de estudar e determinar as posicións, distancias e movementos das estrelas e demáis obxectos do ceo. O telescopio espacial Gaia, da Axencia Espacial Europea, leva arredor dunha década acadando as mellores medicións na historia da astrometría. A súa precisión é tal que permitiría medir o grosor dunha folla de papel en Nova Zelanda desde Santiago, polo que a implementación e emprego correctos dun marco relativista xeral neste ámbito fanse indispensables.

Presentation materials

There are no materials yet.