Quantum Computing Master Class

Europe/Madrid
CESGA

CESGA

Centro de Supercomputación de Galicia Avenida de Vigo, s/n 15705 Santiago de Compostela A Coruña, España
Constantino Rodríguez Ramos (CESGA), Irais Bautista Guzmán (Autonomous University of Puebla (MX)), Javier Bouzas Arufe, Javier Mas Solé (USC), Javier Álvarez Vizoso (CESGA)
Description

Co fin de promover e celebrar o Día Mundial da Cuántica, o 14 de Abril, o CESGA xunto co IGFAE-USC organizan unha Clase Maxistral en Computación Cuántica enfocada en crear conciencia sobre o poder transformador desta tecnoloxía disruptiva e promover o interese neste campo.

Os participantes terán a oportunidade de acceder de primeira man ao mundo da computación cuántica e utilizar o Computador Cuántico de Quantum Spain no Barcelona Supercomputing Center. A sesión realizarase en paralelo noutros centros da Rede Española de Supercomputación e, ao final, farase unha posta en común.

Organizamos unha sesión matinal de 10:00 a 14:00 (CEST), aberta a persoas interesadas, composta por:

  • Charlas divulgativas de investigadores de diferentes centros explicando os fundamentos e o estado da arte da computación cuántica.
  • Unha visita ao centro, incluíndo o computador cuántico QMIO.
  • Unha sesión práctica na que se realizará un cálculo sinxelo empregando os ordenadores cuánticos do CESGA e do BSC.
  • Unha sesión por videoconferencia para poñer en común o desenvolvemento da práctica cos outros centros que a levarán a cabo simultaneamente.

 

* O número de asistentes está limitado ao aforo.  A inscrición definitiva está suxeta a aprobación que se comunicará o 4 de Abril. Nesta edición darase prioridade a profesorado de secundaria ou FPI.  

 

    • Bienvenida
      Convener: Dr Lois Orosa (CESGA)
    • Computación cuántica: elementos básicos
      Convener: Javier Mas Sole
    • El estado de arte de la computación cuántica
      Convener: Constantino Rodriguez Ramos (CESGA)
    • Café
    • Visita a QMIO
    • Manos a la obra
    • Discusión de Resultados con los centros RES