14 April 2025
CESGA
Europe/Madrid timezone

Co fin de promover e celebrar o Día Mundial Cuántico, o 14 de abril, CESGA xunto co IGFAE-USC organizarán unha Masterclass en Computación Cuántica enfocada en crear conciencia sobre o poder transformador da computación cuántica e promover o interese neste campo tecnolóxico.

Os participantes terán a oportunidade de acceder de primeira man ao mundo da computación cuántica e utilizar o Computador Cuántico de Quantum Spain no Barcelona Supercomputing Center. A sesión realizarase en paralelo noutros centros da Rede Española de Supercomputación e, ao final, farase unha posta en común.

Organizamos unha sesión matinal de 10:00 a 14:00 (CEST), aberta a persoas interesadas, composta por:

  • Charlas divulgativas de investigadores de diferentes centros explicando os fundamentos e o estado da arte da computación cuántica.
  • Unha visita ao centro, incluíndo o computador cuántico QMIO.
  • Unha sesión práctica na que se realizará un cálculo sinxelo empregando o ordenador cuántico de Quantum Spain en Barcelona.
  • Unha sesión por videoconferencia para poñer en común o desenvolvemento da práctica cos outros centros que a levarán a cabo simultaneamente.

 

* O número de asistentes está limitado ao aforo.  A inscrición definitiva está suxeta a aprobación que se comunicará o 4 de Abril. Nesta edición darase prioridade a profesorado de secundaria ou FPI.  

 

Starts
Ends
Europe/Madrid
CESGA
Centro de Supercomputación de Galicia Avenida de Vigo, s/n 15705 Santiago de Compostela A Coruña, España